Icono  A Asociación
 Quen Somos
 Zona Azul
Icon  Novas
icon  Descargas
Icon  Asociados
Icon  Enlaces
Icon  Contacto
banner
Banner2
 
Adorno inferior
Comerciantes, Hostalería, Empresarios e Servizos de Lalín
   
Página de InicioAñadir a FavoritosContactoNota Legal
 A Asociación
Zona Azul
Cabecera

• ¿Aparcar?

• ¡Ningún problema!

• A partir de agora aparcar resultará mais doado.

• Os discos de zona azul simplificaranlle o labor .

• Atoparaos moi cerca de vostede, nos seus comercios e no Concello.

IDENTIFICACIÓN DE ZONAS

As zonas están convenientemente identificadas nas rúas PRINCIPAL e JOAQUÍN LORIGA.

As prazas reguladas están sinaladas horizontal e verticalmente con pintura azul.
                           senal
NORMAS DE UTILIZACIÓN

Os estacionamentos regulados e con horario limitado establécense para as rúas Joaquín Loriga e Principal, e someteranse ás seguintes determinacións:

a) O estacionamento efectuarase mediante disco comprobante do horario, que indicará a hora do estacionamento.

b) O/A conductor/a do vehículo está obrigado a colocar o disco horario no lugar da parte interna do parabrisas que permita totalmente a súa visibilidade desde o exterior.

c) O período máximo de permanencia para un vehículo estacionado en zona azul será dunha hora e media, agás para os vehículos de minusválidos estacionados nas prazas reservadas a tal efecto, que será de dúas horas.

d) Quedan excluídos desta limitación, os vehículos da policía, protección civil, bombeiros, ambulancias e persoal sanitario en servizo de urxencia, os vehículos que utilicen as zonas de carga e descarga e aqueles outros vehículos de obras e servizos que conten coa correspondente autorización por parte do Concello.

e) Unha vez concluido o tempo máximo de utilización, o vehículo deberá abandonar o aparcamento, e non poderá volver a estacionar na mesma rúa ou praza, ata transcurridas dúas horas.

f) O horario de limitación comprenderá de 09:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas os sábados.

g) Despois de sinalar a hora de chegada no disco horario, non se poderá variar ata que o vehículo abandone o estacionamento en zona azul.

INFRACCIÓNS

1. A falta de disco comprobante do horario.

2. Sobrepasar o límite horario indicado no comprobante.

3. Modificar a hora de chegada despois do estacionamento.

4. Estacionar de novo o vehículo na mesma rúa ou praza, antes de transcorrer dúas horas contadas desde a hora de chegada.

5. Ocupar dúas prazas de estacionamento, ou non axustarse ao espazo marcado para o vehículo.

A infracción sinalada no apartado 1 do artigo anterior será sancionada con multa de 40€, e as sinaladas nos apartados 2, 3, 4 e 5 con multa de 30€.

As devanditas multas reduciranse nun 30% se se fixeran efectivas dentro do prazo de quince días hábiles contados dende o día seguinte ao da recepción da notificación da denuncia.

Os discos horarios proporcionaranse gratuitamente nos establecementos comerciais das rúas Principal e Joaquín Loriga, rúas limítrofes e no Concello.

Adorno Lateral
Forum Urbano - Lalín
Logos de la Xunta